Malpica convida ao primeiro Baleafest

Festas
Manuel Lavandeira
Cañizo, á dereita, cos organizadores do Baleafest. Foto: C. M.

O concelleiro de Turismo e tenente alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo, e a A.C. Campal presentaron a primeira edición do Baleafest, un festival que se vai celebrar este sábado, día 10. A Asociación Cultural Malante abrirá a quenda de actuacións, ás 21.00 horas. Despois actuarán Ambigüo (22.00 h.) e, finalmente, The Jokers, (23.30h.). A entrada é de balde.

Na organización colabora tamén a Confraría de Pescadores de Malpica. Desde o Concello e a Asociación Campal animan a todo o mundo “a achegarse ata este novo evento para que poida consolidarse e poder facer unha segunda edición”