‘A compañeira de piso’

25-N
Manuel Lavandeira
Representación de ‘A compañeira de piso’. Foto: Contraproducións

MALPICA. A representación teatral de A compañeira de piso, a cargo de Contraproducións, pechará o domingo os actos organizados polo Concello de Malpica con motivo do 25-N. Será no Centro Cívico ás 19.00 horas e para reservar asento é necesario chamar ao 981 720001, indicando o nome, apelidos, enderezo electrónico e o número de contacto.

Con motivo da incidencia do COVID, o aforo estará limitado a trinta persoas, polo que é imprescindible facer a reserva previa.

Por outra banda, este sábado, día 28, densenvolverase un obradoiro para pais e nais organizado pola Asociación Visibles. Ten como lema Educando en Igualdade e será tamén no Centro Cívico, a partir das 11.30 horas. A asistencia a este seminario é de balde, pero é necesario chamar ao número 687 996 633, xa que o aforo tamén está limitado. M. LAVANDEIRA