Mantemento de trinta quilómetros de vías en nove parroquias de Carballo

Infraestruturas viarias
Manuel Lavandeira
Traballos de mantemento na pista de Guntián-As Bouzas. Foto: Concello de Carballo

Aproveitando o bo tempo, esta semana retomáronse as obras de pavimentación que o Concello de Carballo ten contratadas coa empresa Vázquez y Reino e que permitirán mellorar case 30 quilómetros de vías en nove parroquias.

As actuacións son as seguintes: Vivente (Ardaña), Calvelo de Arriba (Sofán), A Fronteira-Calvelo (Sofán), Rúa Neptuno (Razo), A Barreira-Cernide (Carballo), O Sisto (Carballo), Leboreo (Bértoa), As Regueiras (Lema), O Seixo-Pardiñas (Razo e Lema), Cambrelle-Pardiñas (Razo e Lema), Porto Lago (Bértoa), Caxín (Rus), O Espiño-Berdillo (Berdillo), Calvelo-Cornaces (Sofán e Rus), Altiboa-Barbalde (Artes e Rus), Cáparos-San Sadurniño (Rus), Cadavoso (Artes) e Guntián-As Bouzas (Sofán).

En total, 29.610 metros de pistas e rúas en núcleos rurais de Ardaña, Sofán, Razo, Carballo, Bértoa, Lema, Rus, Artes e Berdillo que se atopaban en malas condicións. As obras consisten na limpeza de gabias e no asfaltado con rego simple, dobre ou triplo, segundo o uso das vías. O investimento acada os 463.791 euros.