Melloras viarias na parroquia de Tallo

Infraestruturas viarias
Manuel Lavandeira
O alcalde de Ponteceso coas dúas concelleiros do goberno local supervisando as obras da estrada de Vilasuso a Tallo. Foto: C. P.

O Concello de Ponteceso asfaltou a estrada de Vilasuso a Tallo cos fondos de Agader. O alcalde, Lois García, recoñece que “o tramo é insuficiente, hai que arranxar ata a Bugalleira, onde xa se puxeron tubos e ampliouse a pista, pero este tramo é un paso adiante”.

Asegura que Tallo era unha das parroquias que menos investimento recibía do Concello, e coa chegada da auga da traída, o sobreancho de varias pistas con tubos, o aglomerado de Pardiñas e As Casas Novas, e a reforma da praza da Bugalleira, ademais doutros aglomerados, “esta parroquia pasou a ser das primeiras en investimento”. Tamén se aglomerou e sinalizou a estrada da Bugalleira a Langueirón.