Mostra sobre investigadoras no Eduardo Pondal

Ciencia
Manuel Lavandeira
Exposición ‘Científicas preto de ti’ no IES Eduardo Pondal. Foto: Concello de Ponteceso

Ponteceso. O IES Eduardo Pondal conta estes días coa exposición #SomosQuen: científicas preto de TI do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS). Trátase dunha mostra de nove investigadoras do eido da tecnoloxía, que están en distintas fases da súa carreira e que reflexionan sobre o seu papel como mulleres e científicas.

“Non te conformes”, “Nada é difícil se che gusta”, “Busca e decide” ou “Atrévete comigo!” son só algunhas das mensaxes que envían ás rapazas e nenas máis novas con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebrado o 11 de febreiro. O Concello colaborou para que esta iniciativa chegase ó alumnado. M. L.