Música, surf, skate, vólei e gastronomía no festival Sereas e Piratas de Razo

Ocio
Manuel Lavandeira
O grupo Biznaga é un dos convidados ao festival Sereas e Piratas, de Razo. Foto: Biznaga

A praia de Razo (Carballo) acollerá os días 29 e 30 de xullo unha nova edición do festival Sereas e Piratas, que aunará música, surf, skate, vólei praia, gastronomía e acampada. A organización deu a coñecer este luns parte do cartel musical, no que figurar Apart, Bárbara Lago, Biznaga, Bratz Antifa, Copa Turbo, Fer BR, Llegamos Tarde, Dj Set, Pana, PBL Roca, Russinha, Sara Mora, Sergio Capelán, Tu Futura Exmujer, The Parrots, Tiburona, Tunaboy e Zars B, entre outros.