‘Nós somos elas’ xa está en Laxe

Exposicións
Manuel Lavandeira
Unha das imaxes da mostra ‘Nós somos elas’ que pode verse no paseo marítimo de Laxe. Foto: C. L.

BERGANTIÑOS. A exposición Nós somos elas, que une 24 retratos de mulleres, obra de José Vidal García, con poesía dunha vintena de autoras, pódese ver no paseo marítimo de Laxe ata o 31 de agosto de 2021. A mostra foi impulsada desde a área de Igualdade da Deputación da Coruña e a asociación Alexandre Bóveda, coa colaboración do Concello de Laxe. A través de retratos seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal, que forma parte da colección permanente do Museo do Mar de Laxe, a mostra quere pór o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e laboral. Agora constitúen un novo atractivo para achegarse ata Laxe e deleitarse coa fotografía e a poesía ao carón da praia urbana. M. L.