Novo vehículo todocamiño para Protección Civil de Carballo

Seguridade Cidadá
Manuel Lavandeira
Membros de Protección Civil de Carballo, co concelleiro de Seguridade, á dereita, xunto ao novo vehículo. Foto: C. C.

O concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, e unha representación do Servizo Municipal de Protección Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo achegáronse esta fin de semana ata o Monte do Gozo para recoller un vehículo todocamiño destinado a mellorar o equipamento de emerxencias, que lles foi entregado polo vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, nun acto no que participaron tamén outros concellos galegos.

Protección Civil de Carballo conta cun parque móbil formado por sete vehículos, entre eles o camión motobomba adquirido a finais do ano 2019 polo Concello cun investimento de 216.887,66 euros, e que está dotado do equipamento preciso para poder realizar unha actuación máis eficaz, tanto en tempo de resposta como en medios movilizados, ante unha emerxencia.

Nestes momentos a agrupación está integrada por 47 persoas, que se suman aos 8 traballadores e traballadoras do Servizo Municipal de Protección Civil, reforzado nesta época do ano con 3 auxiliares.