O BNG de Laxe pide que se cambie o bando das lumareas de San Xoán

Política municipal
Manuel Lavandeira
Xosé Manuel Pose, portavoz do BNG de Laxe

O portavoz do BNG de Laxe, Xosé Manuel Pose, trasladará ao alcalde, José Luis Pérez, que aclare a “ambigüidade” do bando das lumareas de San Xoán e que, segundo os nacionalistas, “está a xerar controversia entre a veciñanza”.

No bando establécese que non se poderán realizar cachelas en zona de dominio público, nin espazos públicos como prazas, parques, rúas e beirarrúas. Respecto ao ámbito do que a lei define como dominio público, non se poderían facer “lumareas en ningún sitio que non sexa privado, praias incluídas, entornos do paseo marítimo, zonas do tarais, etc.”, afirma o concelleiro do BNG, quen considera que o rexedor debe “aclarar estas cuestións e, se procede, modificar o bando”.