O Ciclo de Teatro pontecesán continou o sábado con “Sós”

A representación da obra, por parte de Malasombra, tivo lugar no Edificio das Escolas
Teatro
Redacción WEB
Público asistente á función teatral o sábado. Foto: cedida.

Ponteceso. O pasado sábado 21 de novembro representouse unha nova función da 27ª edición do Ciclo de Teatro de Ponteceso. A obra “Sós”, a cargo de Malasombra Teatro foi a encargada de animar ao público no Edificio das Escolas. Só queda unha proposta teatral para poñer fin ao programa.