O Couto despediu un éxitoso Festiletras

Cultura
Manuel Lavandeira
O presidente da Deputación, Valentín González, á esquerda, e o alcalde, Lois Garcia, no Festiletras. Foto: C. Ponteceso

A 40 edición do Festiletras pechou as súas portas tras converter ao Couto (Ponteceso) en capital cultural e da lingua galega durante catro días. Numeroso público achegouse á pequena aldea na derradeira xornada, na que as Pandereteiras do Roncudo (Corme), Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre puxeron as notas musicais.

Ademais, na última xornada do Festiletras o presentador do Luar, Xosé Ramón Gayoso, foi distinguido con premio Bo e Xeneroso de Honra, unha distinción que lle foi outorgada pola Fundación Eduardo Pondal.

Dende o Concello de Ponteceso trasladaron os “parabéns a todos, á Fundación Eduardo Pondal pola súa entrega durante os 365 días do ano; ós artistas, artesáns e demais protagonistas por facernos gozar durante catro días e, sobre todo, ós voluntarios e ás voluntarias, que son esenciais”.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, non quixo perderse esta festa tan especial e tamén visitou o domingo o Festiletras, acompañado polo alcalde de Ponteceso, Lois García.