O novo goberno de Malpica apostará polo ámbito social e o crecemento económico

Política municipal
Manuel Lavandeira
Sesión plenaria na que foi aprobada a distribución do novo goberno municipal. Foto: Concello de Malpica

O Concello de Malpica aprobou en sesión plenaria o novo organigrama de goberno que aposta polos ámbitos sociais e o crecemento económico. O novo executivo conformado polo PP e o concelleiro non adscrito Alfredo Cañizo terá sete concellerías.

O alcalde, Eduardo Parga asumirá tamén a carteira de Urbanismo, namentres que Alfredo Cañizo estará ao fronte da concellerías de Servizos, Seguridade Cidadá, Tráfico, Medio Rural, Mar, Turismo e Festexos, ademais de asumir a primeira tenencia de alcaldía. Miguel Ángel Fernández Miras farase cargo da oncellería de Obras e Medio Ambiente, e exercerá como segundo tenente de alcalde.

A concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Olería queda nas mans de Marisol Blanco Gorín, e Noelia Freijeiro Novo será a responsables da concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Pilar Doldán Pose asume a de Promoción Económica, Emprego e Comercio, e Fernando Rodríguez Baldomir as carteiras de Mocidade e Novas Tecnoloxías.