O orzamento do primeiro tramo da nova estrada Pazos-Corme acércase aos 370.000 euros

Nos últimos días publicouse a licitación da obra que xa estaba prevista dende o mes de xaneiro
Obras
Redacción WEB
O alcalde de Ponteceso e a concelleira, Noelia Varela estiveron presentes na zona da obra na estrada Pazos-Corme. Foto: C. de Ponteceso.

Ponteceso. A Deputación da Coruña publicou nos pasados días a licitación do primeiro tramo da nova estrada Pazos-Corme, por un valor de 369.774,72 euros. O desenvolvemento destas obras foi un compromiso do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, co alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, tras unha reunión mantida entre ambos no pasado mes de xaneiro na que analizaron distintos proxectos de mellora de infraestruturas no municipio.

A apertura de contas por ambas marxes e limpeza, o acondicionamento de accesos para evitar a entrada de auga nas vivendas e a renovación da sinalización vertical e horizontal son algunhas das obras que se levarán a cabo no tramo da estrada.

O rexedor e a concelleira Noelia Varela visitaron a zona da obra. As actuacións realizaranse nun prazo de cinco meses contados a partir da data de firma da acta de comprobación do proxecto.