O PP de Ponteceso di que o proxecto das luminarias “non cumpre coa lei”

Política municipal
Manuel Lavandeira
Daniel García, portavoz del PP de Ponteceso. Foto: PP

Despois de rexeitar en pleno o proxecto para a renovación das luminarias de Ponteceso, que suporá un investimento de 2,5 millóns de euros, o portavoz do PP, Daniel García, reitera que o goberno local (PSOE) “presentou un documento que non cumpre coa lei”. Considera que está “claramente enfocado” a unha empresa de Pontevedra, dado que no proxecto faise alusión a marcas e características que usa “esa empresa, e a lei di que non se pode facer mención a marca ou referencia algunha, e se se fai hai que engadir: ou similar”. O portavoz popular di que este é “o denominador común dos follóns dos alumeados de Malpica, Ponteceso e Vimianzo”.

García critica ademais o labor do alcalde, Lois García, asegurando que “non se pode xestionar un concello en horas libres”.