Portos comezará o reforzo da dársena de Malpica na vindeira semana

Obras
Manuel Lavandeira
Os traballos para apuntalar a vía da dársena comezarán a vindeira semana. Foto: Confraría de Malpica

MALPICA. Os traballos para o apuntalamento da dársena de Malpica comezarán a próxima semana, segundo lle confirmou a presidenta de Portos, Susana Lenguas, ao alcalde, Walter Pardo. O rexedor trasladoulle, unha vez máis, a “preocupación de moitas familias que dependen directa e indirectamente desta actuación” e instou ó organismo a rematar os traballos no menor tempo posible. Por outra banda, tamén lle reiterou a necesidade dunha solución para as saídas da dársena coa que asegurar as condicións de seguridade das embarcacións e do persoal a bordo. A este respecto, a presidenta de Portos confirmoulle que xa están en marcha estudos técnicos para poder reducir ese risco. M. L.