Augas colaborará na modernización da potabilizadora de Coristanco

Servizos municipais
Manuel Lavandeira
Casa consistorial de Coristanco

Bergantiños. A Xunta trasladoulle ao Concello de Coristanco o seu compromiso de colaboración técnica e financeira para executar as obras de modernización da potabilizadora do municipio coa fin de mellorar o sistema de abastecemento. A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, xunto co xerente do organismo hidráulico, Gonzalo Mosqueira, mantivo un encontro de traballo co alcalde, Juan

García, no que abordaron actuacións de interese no municipio. Teresa Gutiérrez comunicoulle ao rexedor que para acometer a intervención na estación de tratamento de auga potable cómpre redactar primeiro o proxecto construtivo para definir os traballos necesarios. Neste sentido, concretou que o obxectivo é dispoñer este ano do proxecto redactado coa fin de licitar as obras a finais do presente exercicio. Augas de Galicia se compromete a financiar o 80% das obras e o concello deberá aportar o 20% restante. Estas actuacións teñen como propósito resolver as carencias destas instalacións hidráulicas, que debido á súa antigüidade, non están a funcionar de xeito eficiente.

Na reunión a directora de Augas de Galicia tamén informou de que se está coa contratación da actuación para a mellora e posta en marcha da depuradora de Vilaverde, que suporá un investimento de preto de 52.000 euros.