Ponteceso contratará un condutor, dous albaneis e operarios de servizos

Emprego
Manuel Lavandeira
Casa consistorial de Ponteceso

BERGANTIÑOS. O Concello de Ponteceso publicou a convocatoria para a cobertura inicial das prazas de persoal laboral de carácter temporal. Concretamente, contratarán un condutor para os vehículos municipais adscritos ao servizo de alumeado público, obras e servizos; dous albaneis para realizar tarefas varias no mantemento de vías públicas, e dous operarios de servizos xerais, que terán como cometido a limpeza viaria e traballos de mantemento de vías públicas. Serán contratados a xornada completa por un periodo de 8 meses. As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo deberán presentarse por vía electrónica (https://sede.ponteceso.gal) ou no rexistro xeral, a través do formulario de solicitude que figura como Anexo I ás bases, así como a declaración responsable que figura como Anexo II, nun prazo de sete días hábiles. M. L.