Ponteceso impulsa unha campaña para facilitar o acceso a unha vivenda protexida

Servizos Sociais
Manuel Lavandeira
O alcalde de Ponteceso, Lois García, diante das vivendas protexidas habilitadas nas antigas casas dos metres

Ponteceso puxo en marcha unha campaña informativa para facilitar o acceso das familias máis vulnerables a unha vivenda protexida. "As que viven nas antigas casas dos mestres, adxudicadas hai máis de dous anos xa, amosan unha grande satisfacción, así que imos multiplicar esa oferta e para iso hai que inscribirse no rexistro único autonómico" indica o alcalde, Lois García.

A concelleira de Servizos Sociais, Noelia Varela, informa que o Concello xa habilitou o número de teléfono 881 983 223 e o correo electrónico dolores.blanco@ponteceso.gal para que as persoas interesadas poidan informarse e inscribirse. Tamén o poden facer de xeito presencial nas oficinas municipais.