Ponteceso oferta o Programa Respira para escolares de tres a doce anos

conciliación
Manuel Lavandeira
Casa consistorial de Ponteceso. Foto: Concello de Ponteceso

O Concello de Ponteceso organiza o Programa Respira para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos daquelas familias que acrediten a necesidade de conciliación e cumpran os requisitos de renda familiar. É unha iniciativa gratuíta, que se desenvolverá os meses de xullo e agosto, de 9.30 a 13.30 horas. As prazas outorgaranse por orde de inscrición e poderanse solicitar entre os días 7 e 11 de xuño (ambos inclusive). As persoas interesadas deben contactar coa educadora social do Concello, a través do teléfono 881 983 223.