Ponteceso suma trinta e cinco fogares ó plan de compostaxe

Reciclaxe
Manuel Lavandeira
O alcalde, Lois García, repartindo composteiros aos novos usuarios. Foto: Concello de Ponteceso

Bergantiños. A biblioteca de Ponteceso acolleu unha sesión explicativa sobre o uso correcto dos composteiros a cargo de Cristina Cabana Díaz, técnico de Sogama. Os asistentes puideron coñecer as claves para o uso correcto do composteiro e para facer compost. Ao finalizar a charla, as e os veciños que así o solicitaran previamente, entregáronlle os composteiros. En total 35 novos fogares comezarán a facer compost e levar a cabo prácticas sostibles e respectuosas co entorno. Únense así aos máis de cen veciños que xa reciclan os refugallos orgánicos. Dende o Concello reafirman o seu compromiso co fomento de prácticas sostibles que permiten coidar do medioambiente. M. L.