Ponteceso tingue de cor verde a sú ponte no Día Mundial sen Alcohol

Solidariedade
Manuel Lavandeira
Ponte de Ponteceso iluminada de cor verde con motivo do Día Mundial sen Alcol. Foto: Concello de Ponteceso

Ponteceso súmase ao Día Mundial sen Alcohol para concienciar sobre os danos que o seu consumo pode causar, tanto a nivel psicolóxico como físico. Dende o Concello lembran que todas as persoas que estean pasando por unha situación de adicción poden obter axuda dirixíndose á concellería de Asuntos Sociais. Ademais, queren transmitir unha mensaxe de “apoio e ánimo” a todas as persoas afectadas por enfermidades derivadas do alcoholismo e ás súas familias.

Por todo isto, e como acto simbólico, a ponte de Ponteceso, permanecerá iluminada de cor verde a petición da asociación Vieiro, coa que colabora activamente o Concello de Ponteceso.