Presentada en Corme a Vía Céltica

Ruta Xacobea
Manuel Lavandeira
Manuel Amigo, á esquerda, Lois Garcia e Joam Evans amosando o mapa da Vía Céltica. Foto: Concello de Ponteceso

O Museo de Arte Contemporánea de Corme (Ponteceso) acolleu o acto de presentación da Vía Céltica, os camiños de Santiago dende os portos de Bergantiños e a Costa da Morte, no que participaron o cormelán Suso Lista, o presidente da Asociación Costavales, Manuel Amigo, e o historiador Joam Evans, acompañados polo alcalde, Lois García. O encontro estivo amenizado polas Pandereteiras do Roncudo.

O Camiño de Santiago Vía Céltica conta xa coa aprobación e a Compostela oficial. Dende o Concello aseguran que se trata “dunha iniciativa moi importante para o desenvolvemento turístico e económico e para poñer en valor a historia e o rico patrimonio arquitectónico de Ponteceso”.

A presentación rematou cunha gran degustación de castañas asadas na praza dos voluntarios de Corme. O Concello agradece a colaboración da Asociación Costavales.