Primeira andaina das estrelas en Malpica

Ocio
Manuel Lavandeira
A andaina partirá ás 20.15 horas da Praza Anselmo Villar Amigo, da capital malpicana. Foto: C. Malpica

A Concellaría de Turismo de Malpica programou para este venres, día 12, a primeira Andaina das Estrelas, coa que convida a todos os participantes a desfrutar da posta de sol, da superlúa de Esturión, a choiva de estrelas e unha charla de astronomía. As persoas interesadas aínda poden inscribirse, de balde, de 9.00 a 14.00 horas no concello, ou pola tarde no Jofra. Ademais poderán colaborar na loita contra o cancro deixando un donativo nos petos habilitados en ambos espazos.

A andaina partirá ás 20.15 horas da Praza Anselmo Villar Amigo e o punto de de observación do ceo será a contorna de Santo Hadrián. É obrigatorio levar chaleco e unha lanterna.