Primeira carreira solidaria do CEIP de Caión en favor de Balarial

Solidariedade
Manuel Lavandeira
Plano do percorrido polo que discorrerá a carreira polas rúas de Caión. Foto: CEIP Caión

As rúas de Caión (A Laracha) acollen hoxe, a partir das 10.20 horas, a I Carreira Solidaria en favor do BALRIAL de A Coruña, organizada polo CEIP, tras facer unha recollida de alimentos no mes de xaneiro coa que conqueriron 166 quilos. O director do centro, José Roca, asegura que “pola proximidade da data do 8-M farémola tamén coincidir coas celebracións da mesma”.

A proba estará organizada por aulas e ao remate haberá agasallos e merenda.