Proposta para a peonalización da rúa Real de Laxe

Obras
Manuel Lavandeira
Os nacionalistas piden a peonalización da rúa Real dende a Casa do Arco ata a igrexa. Foto: Turismo de Laxe

Laxe. O portavoz do BNG de Laxe, Xosé Manuel Pose, presentou unha proposta de catro obras para que se inclúan no POS-2022. Entre elas, os nacionalistas solicitan a peonalización e pavimentación en pedra da rúa Real, da capital local, dende a Casa do Arco ata a igrexa.

Ademais, piden que se arranxe o camiño que vai desde o Campo da Torre ata a estrada CP-4001, “que se atopa nun estado máis que lamentable e que causa múltiples trastornos aos responsables do complexo turístico da Torre”. As outras dúas peticións son o arranxo das pistas de Sucasas a Arantiño (2,5 km) e a que vai desde a casa de María do Plateiro ao Prado do Tellos, en Mórdomo. M. L.