Queixas dos populares malpicáns pola falta de información da COVID por parte do goberno

Política municipal
Manuel Lavandeira
Integrantes de la candidatura del PP de Malpica. Foto: PP Malpica

Malpica. O Partido Popular de Malpica vén de expresar o seu malestar co goberno local pola falta de información sobre a pandemia da COVID. Aseguran que non saben “se se creou unha comisión de seguimiento” e de ser así, “non fomos convidados a formar parte da mesma”.

Sinalan os populares que toda a información que eles comparten cos veciños e veciñas a través das súas redes sociais “é recibida directamente desde a Xunta ou a través da páxina oficial do Sergas, en ningún momento desde o concello”.

Afirman que cando preguntaron ao goberno polas cifras dos afectados polo virus “respondéusenos que non manexaban esa información por ser confidencial, que se comunicaran coas autoridades competentes e sempre recibían unha negativa por resposta á súa solicitude”. Non obstante, dende o PP din que varios membros do seu grupo recibiron “nun chat de mensaxería a información que se lle brinda ao alcalde por correo electrónico desde a xerencia do Sergas”.

Pregúntanse “por que non se comparte a información co PP e si con persoas alleas á xestión e funcionamento do concello?”. M. L.