Rede Aberta Galega dotará de fibra óptica ao municipio de Malpica

A instalación comezará na capital local e despois continuará no resto de núcleos
Internet
Manuel Lavandeira
A instalación da rede comezará no casco urbano de Malpica. Foto: J. M.

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Servizos, comezará nos vindeiros días os traballos de instalación da rede de fibra óptica no municipio. Os operarios da empresa designada para a intervención iniciarán o cableado do sistema na capital municipal para dar servizo a través da operadora Rede Aberta Galega. Nas vindeiras semanas proseguirase no resto de núcleos do concello.

Desde o goberno local consideran “fundamental” a actuación para “mellorar enormemente a rede de comunicación de toda a veciñanza, que pasará a contar cunha velocidade de conexión a Internet acorde aos tempos nos que vivimos e que favorecerá o asentamento de poboación en Malpica”.

Para calquera dúbida, consulta ou suxestión, as persoas usuarias poden poñerse en contacto co 696 448 130 ou co Concello no 981 720 001.