Regresan os pequenos ao parque infantil da Praza Maximino Canedo

Parques infantís
Manuel Lavandeira

A Laracha. O Concello reabrirá ao público hoxe venres o parque infantil da Praza Maximino Canedo. Farase unha vez concluídos os traballos de mellora desta infraestrutura municipal desenvolvidos durante as últimas semanas. A intervención consistiu na instalación dun novo pavimento continuo de caucho como elemento de seguridade para atenuar o impacto de posibles caídas dos usuarios, e ocupando unha superficie superior ao anterior. Sobre ese pavimento foron colocados novos xogos, ademais de realizarse as oportunas actuacións de mantemento dos equipamentos que se atopaban en bo estado de conservación. Este proxecto formou parte do plan municipal de mellora dos parques infantís que está a desenvolver o Concello. Previamente tamén se dotara de novos xogos ao da entrada da escola infantil A Galiña Azul. M. L.