Requesende terá mellor estrada e máis segura

Infraestruturas viarias
Manuel Lavandeira
O alcalde, José Manuel López, á esquerda, e o concelleiro de Obras, Jesús Souto, á dereita, supervisando os traballos. Foto: Concello da Laracha

A LARACHA. O Concello larachés e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia cofinancian o proxecto de mellora da estrada do núcleo de Requesende, pertencente á parroquia de Golmar, que está actualmente en fase de execución.

A actuación contempla a mellora da superficie de circulación dos vehículos coa aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente e tamén o acondicionamento dos sobreanchos existentes a consecuencia da realización de diversos peches de parcelas. Esta obra está incluída no Plan de Infraestruturas Rurais. O investimento total superará os 70.000 euros, achegando a Consellería en torno ao 60% e o Concello, o 40 por cento restante con fondos municipais.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Jesús Souto, desprazáronse ata o lugar de Requesende para comprobar in situ o desenvolvemento dos traballos. M. LAVANDEIRA