Rescatan a un percebeiro que caeu nunhas rochas nas illas Sisargas, en Malpica

Foi evacuado en helicóptero para ser trasladado a un hospital da Coruña
Mar
Manuel Lavandeira
O helicóptero ‘Helimer 401’ localizou e evacuou ó percebeiro ferido nas illas Sisargas. Foto: Salvamento Marítimo

Un percebeiro foi rescatado tras resultar ferido ao caer nunhas rochas cando faenaba nas illas Sisargas, en Malpica de Bergantiños. Un compañeiro deu aviso ao 112 Galicia pouco antes das tres e media da tarde, e informou que se atopaban nunha zona de difícil acceso por terra.

De xeito inmediato, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, a Salvamento Marítimo, á Garda Civil e á Policía Local de Malpica. Ata o lugar desprazouse o helicóptero Helimer 401 que foi quen localizou ao ferido e trasladouno ata o aeroporto de Alvedro, na Coruña, para ser despois evacuado en ambulancia a un centro hospitalario.