Reto solidario e de reciclaxe para veciños da Laracha

Reciclaxe
Manuel Lavandeira
Contedor xigante para promocionar a campaña Únete ao reto’ na praza do Concello laraches. Foto: C. L.

A Laracha. Na Praza do Concello larachés está instalado un contedor amarelo xigante para dar difusión á campaña Únete ao reto! de promoción da reciclaxe, que impulsan a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes.

A Laracha é un dos trece municipios galegos que teñen a oportunidade de gañar un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social local. Para conseguilo é fundamental á implicación da cidadanía, xa que se debe incrementar nun 10% con respecto ás cifras dos meses de marzo, abril e maio do ano pasado a reciclaxe dos contedores amarelos nos que se depositan envases de plástico, bricks, latas, etc.

Durante o último mes xa se desenvolveron unha serie de iniciativas divulgativas da campaña Únete ao reto!, incluíndo a implicación dos establecementos comerciais coa colocación de material divulgativo e o reparto realizado na feira de Paiosaco. Pódese ampliar información sobre este programa na súa páxina web: https://uneteaoreto.com/.