Rexeitada a proposta do PSOE para investir o remanente de Malpica

Política municipal
Manuel Lavandeira
Sesión plenaria extraordinaria celebrada, a petición do PSOE, este martes en Malpica. Foto: PSOE

Malpica. A Corporación de Malpica rexeitou a proposta do PSOE para investir os case dous millóns de euros do remanente en obras nas parroquias e nunha campaña de axuda ao comercio.

O portavoz socialista, Walter Pardo, lamenta a falta de apoios a unha proposta que “era un exercicio de responsabilidade fronte á paralise na que está o Concello, derivada dunha moción de censura que foi unha vergonza”. Neste pleno, engadiu, “queda claro que só os socialistas pensamos no futuro e no progreso do noso pobo”, engadiu.

Confía, non obstante, en que a insistencia “sirva para que se use o remanente nas próximas semanas; non pode ser que os cartos sigan no banco coas necesidades que temos”, apuntou. M. L.