Romaría de Inverno en San Fins do Castro

Cultura
Manuel Lavandeira
Máis de douscentos escolares desfrutaron da Romaría de Inverno en San Fins do Castro. Foto: C. de Cabana

A Romaría de Inverno no campo de San Fins do Castro, unha cita organizada polo departamento de Cultura do Concello de Cabana, reuniu este xoves a máis de 200 escolares dos centros educativos do municipio. Entre as actividades que se realizaron estivo a degustación de chocolate con churros, castañas asadas, a visita en tren turístico por diferentes localizacións do termo municipal e a tradicional representación do Berro Seco. Tamén se contou co acompañamento musical da A.C. O Son do Castro e de Cé Orquestra Pantasma, ademais dunha sesión de contacontos de Anxo Moure.