Simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños en Ponteceso

Mar
Manuel Lavandeira
León mariño na praia pontecesana de Balarés. Foto: Salvador Eiroa

Bergantiños. A praia de Osmo (Ponteceso) acollerá un simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños o día 16 de outubro, organizado pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) e a Deputación da Coruña. O Concello de Ponteceso colabora con esta actividade para que todos os veciños e veciñas poidan coñecer de primeira man como actuar no caso de avistar algún animal nas súas costas. Para participar é preciso inscribirse con antelación. Os interesados poden anotarse enviando un correo a cemmasolicitud@gmail.com. A cita é o sábado 16 a partir das 11.00 horas e a sesión será impartida por un especialista da referida coordinadora.

Por outra banda, o Concello pontecesán informa que Augas de Galicia acometerá traballos de conservación e mantemento no dominio público do río Bouzas. M. L.