Solicitan unha Aula Mentor para os veciños de Ponteceso

Formación
Manuel Lavandeira
A Aula Mentor ubicaríase no Centro Cultural de Ponteceso. Foto: Concello de Ponteceso

Ponteceso. O Concello de Ponteceso vén de solicitarlle á Secretaría Xeral de Formación Profesional a creación dunha Aula Mentor para que a poboación adulta teña acceso a unha formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e comunicación.

Dende o goberno municipal aseguran ao respecto que “esta aula suporía a posibilidade de realizar centos de cursos a distancia, o que significaría un salto cualitativo para as persoas usuarias do Centro Cultural de Ponteceso, que xa gozan do Museo Etnolúdico; un centro de recepción de turistas; a biblioteca, cunha variedade de eventos e conferencias; o servizo de orientación laboral compartido con Cabana; e unha oficina de atención ao público”. M. L.