Trenor visitou o punto de cribado na vila larachesa

COVID
Manuel Lavandeira
Trenor, no centro, durante a súa visita a Laracha. Foto: Xunta

A Laracha. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este xoves a localidade da Laracha, onde se está facendo un cribado poboacional de detección da COVID. Están citadas 5.452 persoas de entre 15 e 65 anos e a toma de mostras, na modalidade de test de saliva, rematará o sábado. Trenor sinalou que na área de Bergantiños-Costa da Morte o Sergas ten en marcha cribados na Laracha e Malpica (2.550 persoas). Agradeceu a participación de todos os cidadáns porque “este importante esforzo axudará a acotar os casos positivos”. M. L.