Tres Flores de Honra para o Concello de Ponteceso

Paisaxe
Manuel Lavandeira
Ponteceso presume de xardíns, zonas verdes e bonitas flores. Foto: Concello de Ponteceso

O Concello de Ponteceso foi distinguido por primeira vez con tres Flores de Honra polo seu traballo na mellora do espazo verde urbano e as políticas medio ambientais. É o terceiro ano consecutivo que o consistorio recibe este recoñecemento, se ben neste 2021 o galardón foi maior, pois pasou de ter dúas a tres flores.

A Asociación de Viveristas del Noroeste, a Asociación de Empresas de Jardinería de Galicia e a Fundación Juana de Vega recoñecen así o labor do municipio pontecesán. “Non chega con poñer flores, hai que traballar todos os días do ano recortando setos, regando e podando, e adicando recursos para ter un pobo fermoso. Este é un atractivo máis para visitar o noso concello”, expresou o alcalde, Lois García.