Tres millóns do remanente para novos investimentos en Carballo

Pleno Concello
Manuel Lavandeira
Momento dunha sesión plenaria da Corporación de Carballo. Foto: Concello de Carballo

CARBALLO. A corporación local aprobou unha modificación orzamentaria de 3.133.956,31 euros para financiar novos investimentos. A proposta inclúe o acondicionamento de aparcadoiros, unha campaña de difusión da compostaxe; maquinaria e utillaxe para o cemiterio; un novo parque canino; o centro social en Xoane; a musealización do Museo de Bergantiños; a reurbanización das rúas Estrela, Lugo e Chile; un plan de mellora dos asfaltados e mantemento da rede viaria; investimento en terreos; e melloras no abastecemento da rúa Vázquez de Parga, infraestruturas en Razo-Baldaio, nos CEIP Gándara-Sofán, Fogar e Queo, no auditorio do Pazo da Cultura e do campo das Eiroas. M. L.