Trinta laracheses desfrutaron dunha excursión polas terras de Asturias

Ocio
Manuel Lavandeira
Veciños e veciñas da Laracha durante a súa estancia en Xixón. Foto: Concello da Laracha

Este venres teñen previsto o regreso--- ás súas casas os laracheses que participaron na excursión por Asturias organizada polo Concello coa finalidade de ofrecer unha alternativa cultural e de ocio para as persoas maiores de 65 anos de idade, xubiladas e pensionistas.

Desde o pasado luns unha trintena de veciñas e veciños -acompañados polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López- visitaron diferentes localidades asturianas como Oviedo, Xixón, Cudillero, Ribadesella e Llanes, así como o santuario de Covadonga, o poboado mineiro de Bustiello, e as vilas de Mieres e Luarca. Tamén acudiron ao Museo da Minería.

Ante a boa acollida deste tipo de iniciativas, o Concello prevé continuar levándoas a cabo no marco da programación anual municipal.