Un incendio dana o garaxe dunha vivenda na parroquia carballesa de Bértoa

Sucesos
Manuel Lavandeira
Parque de bombeiros de Carballo. Foto. Polígono de Carballo

O garaxe dunha vivenda de Bértoa (Carballo) sufriu cuantiosos danos debido a un incendio que, segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos Bombeiros de Carballo, puido comezar no motor da calefacción central ao fío das 2.30 horas deste venres.

O lume viuse favorecido porque no interior había botes de disolvente, de gasolina e tamén diferentes materiais plásticos. Ademais, as lapas afectaron a unha secadora. Afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida.

Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Policía Local, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo.