Un operario resultou ferido en Carballo tras envorcar o camión que descargaba

Accidente laboral
Manuel Lavandeira
Parque comarcal de bombeiros de Carballo. Foto: Polígono de Carballo

Un operario resultou ferido en Carballo tras envorcar o camión que descargaba na estrada que une Rus e Alta de Entrecruces. Sucedeu a escasos minutos da tres da tarde, segundo informa o 112. Un particular solicitou axuda e ata o lugar desprazáronse os bombeiros do parque comarcal, que tiveron que liberar ao condutor, que estaba atrapado no interior do vehículo. Depois foi evacuado polos equipos sanitarios.

Ao lugar acudiron tamén equipos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, Policía Local e efectivos de Protección Civil. Dado que o camión, ao envorcar, verteu algo de combustible os bombeiros tiveron que limpar o tramo da vía que resultou afectada.