Unidos pola cor rosa no Día do Cancro de Mama

Solidaridad
Manuel Lavandeira
Membros da Corporación local de Malpica diante da pancarta que preside a fachada do concello. Foto: C. Malpica

Bergantiños. Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra o Cancro de Mama, Ecovidrio e o Concello de Carballo presentaron a campaña solidaria Recicla vidrio por ellas. Durante as vindeiras semanas os envases que se recollan en dous iglús rosas serán transformados nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra. Pola súa banda, en Malpica, a Casa do Concello loce unha pancarta co lema Únete ao rosa. Con esta mensaxe, a Corporación local enviou o seu apoio e forza a todas as mulleres que loitan e loitaron coa enfermidade. M. L.