Urbanizan a avenida Manuel Fraga

Obras
Manuel Lavandeira
O alcalde, José Manuel López, segundo pola esquerda, e a concelleira Patricia Bello supervisaron a evolución dos traballos que executa a empresa Ponciano Nieto S. L. Foto: C. Laracha

A Laracha. O Concello larachés xa ten en marcha as obras do proxecto de urbanización da avenida de Manuel Fraga ata a rúa Maruja Mallo, pola parte posterior do IES Agra de Leborís.

O proxecto está valorado en preto de 245.000 euros e forma parte do plan especial de equipamentos educativos.

Inclúe a pavimentación da calzada, a construción das beirarrúas e a habilitación de espazo de aparcamento, axardinamento, creación das redes de saneamento e abastecemento, canalización soterrada dos servizos da rede eléctrica, telecomunicacións e iluminación pública, ademais da sinalización horizontal e vertical e a creación dun paso de peóns elevado. M. l.