Verónica Villa achegou o fascinante mundo das ondas gravitacionais aos estudantes de Ponteceso

A investigadora foi convidada polo Club de Ciencia do IES Eduardo Pondal
Divulgación científica
Manuel Lavandeira
Verónica Villa durante a conferencia que impartiu no IES Eduardo Pondal de Ponteceso. Foto: Isabel Segura

A investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, Verónica Villa Ortega, foi convidada polo Club de Ciencia do IES Eduardo Pondal, de Ponteceso, para impartir unha charla divulgativa. A actividade centrouse no fascinante mundo das ondas gravitacionais e rematou cun turno de preguntas no que os buratos negros e os misterios do Universo foron protagonistas.

“A colaboración entre os centros punteiros de investigación e os centros educativos permitirá aos nosos alumnos unha maior comprensión da actividade científica fomentando así as vocacións neste eido”, afirman dende o instituto pontecesán.