Webseries de sete países na novena edición do Interplay de Carballo

Competirán na sección oficial, que repartirá este ano un total de 5.800 € en premios
Audiovisual
Manuel Lavandeira
Fotograma da webserie ‘Amnesia 3.0’ , unha das finalistas da novena edición do Carballo Interplay. Foto: C. I.

Carballo. Dezaseis webseries de todo o mundo competirán na sección oficial da novena edición do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 6, 7, 8 e 9 de abril na capital de Bergantiños, e que repartirá 5.800 euros en premios. A organización del festival elexíu, entre as propostas chegadas de todo o mundo, un total de catro series galegas e en galego, catro do resto do Estado e oito do resto do mundo.

Entre as webseries internacionais que se poderán ver no noveno Carballo Interplay hai propostas de Irlanda, Francia, Hungría, Canadá, Brasil, e Países Baixos. A maioría das series son en español (5), galego (5) e inglés (1), pero tamén se escoitarán historias en neerlandés, portugués ou francés.

Nesta edición as webseries finalistas divídense en tres bloques distintos segundo á súa temática. O primeiro deles é Vaia historia!” e nel atópanse tres series cuxa trama fala da historia, xa sexan relatos sobre a II Guerra Mundial ou unha nova biografía de Elisa e Marcela, dúas íconas do colectivo LGBT galego que desafiaron as convencións sociais fai cen anos.

O segundo bloque leva como título Humanos en crise e fala de distopías, thrillers climáticos e outras dificultades ás que se ten que enfrontar o ser humano na actualidade. A perda da memoria, a ansiedade social e os misterios que se agochan nas redes sociais son algúns dos temas que se abordan. Por último, o bloque máis variopinto e difícil de definir é Mix de trasnadas e, tal e como indica o seu nome, ten as series máis travesas de toda a edición. Dende a animación máis caótica e psicodélica sobre magos e monstros, ata as aventuras dun misto en stop motion, pasando pola curiosa historia dunha familia canadiense comunista na década de 1980 que loita contra o liberalismo imperialista estadounidense.

En total daranse 2.800 euros en premios, entre os cales están o premio a Mellor serie, de 800 euros; Mellor serie versión orixinal en gallego, tamén de 800 euros; e Mellor guion e Mellor dirección, ambos de 200 euros. Estos premios decidiraos un xurado composto por Marta Salicrú, directora de Radio Primavera Sound e xornalista con máis de quince anos de experiencia; Betu Martínez e Víctor Sala, cofundadores da revista online sobre series Serielizados e dende 2014 codirectores do Festival Internacional de Series de Barcelona e Madrid, Serielizados Fest; Ángela Andrada -en representación da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG)- e Lucía Estévez, en nome da Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA).

Ademáis, o público decidirá cos seus votos entre todas elas un premio de 400 euros e un xurado novo composto por Malva, entusiasta da cultura pop, os misterios sen resolver e Taylor Swift, dos que fala nas súas redes sociais e na revista Luzes; Berto Mira, músico pontevedrés coñecido por formar parte do conxunto Verto e polo seu recente traballo en solitario; e Nee Barros, youtubeire, escritore e músique que tamén forma parte do podcast Conversas Perversas,entregará outro premio de 400 euros.

O Carballo Interplay ofrecerá, como vén facendo cada ano dende o seu nacemento, unha completa panorámica do que se está cocendo no mundo das series a nivel global. Atendendo a esta panorámica, a comedia ainda é a fórmula preferida polas creadoras e os creadores dixitais para contar as historias máis diversas. Dende o humor disparatado e psicodélico ata a comedia máis política, moitas buscan quitarlle algo de seriedade á realidade.

O público que se achegue á Sección Oficial deste noveno Carballo Interplay poderá comprobar, tamén, a enorme relevancia que adquiriron as temáticas sociais nas produccións audiovisuais máis revolucionarias e persoais. A preocupación por un apocalipsis climático, o medo a perder a memoria, ou simplemente a frustración polo difícil que é ser un ser humano no século XXI son algunhas das cuestións sobre as que poñen o foco as e os creadores audiovisuais da Internet global este 2022. Por suposto, tamén aparecen temas bélicos, ambientados en crises pasadas, difíciles de superar. E algunhas doses de sarcasmo e retranca, para axudar a sobrelevar as dificultades e os problemas.

Os nomes das webseries gañadoras coñeceranse, como cada ano, na gala de clausura do festival, que se celebrará o sábado 9 de abril en Carballo.