Xogos novos para a escola infantil da Laracha

Parques infantís
Manuel Lavandeira
O alcalde da Laracha, á esquerda, a concelleira de Servizos Sociais e a directora da escola infantil supervisando os traballos de habilitación do parque. Foto: Concello da Laracha

BERGANTIÑOS. A escola infantil A Galiña Azul da Laracha contará con novos xogos infantís para uso e disfrute dos nenos durante o horario de actividade do centro. O Concello está a dotar con estes novos equipamentos a dúas áreas da escola: o espazo xunto á entrada precisamente destinado a parque infantil e o patio exterior anexo que está vinculado ao centro. O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, acudiron á escola infantil para, xunto á directora, coñecer o resultado dos traballos. A actuación forma parte do plan municipal que tamén contempla unha actuación no de Maximino Canedo. O investimento total é de 40.000 €. M. L.