Xornada sobre a administración electrónica este venres en Ponteceso

Comezará ás 11.30 horas na biblioteca municipal situada no centro cultural
Formación
Manuel Lavandeira
A xornada desenvolverase na biblioteca municipal, ubicada no centro cultural. Foto: Concello de Ponteceso

O vindeiro venres, 20 de xaneiro ás 11.30 horas, a biblioteca municipal de Ponteceso acollerá unha xornada informativa sobre a administración electrónica, na que se asesorará aos asistentes sobre os trámites e xestións máis habituais, resolveranse dúbidas e axudaráselles a obter o certificado dixital e Cl@ve permanente para que poidan relacionarse electronicamente coas administracións públicas.

Os participantes recibirán tamén un certificado electrónico, en concreto o certificado que expide a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.