Xosé Iglesias presenta o venres en Laxe o seu libro ‘Nación Mar’

Será no salón de actos do hotel Playa de Laxe ás 19.30 horas // Exporá tamén unha colección de acuarelas que ilustran o álbum
Arte
Manuel Lavandeira
Unha das acuarelas de Xosé Iglesias que ilustran o libro ‘Nación Mar’

O vindeiro venres, día 2 ás 19.30 horas, terá lugar no salón de actos do hotel Playa de Laxe o acto presentación dunha pequena colección de acuarelas do mariñeiro Xosé Iglesias, que quedará exposta todo o mes de xullo. Ademáis presentará o seu álbum ilustrado Nación Mar, un pequeno recopilatorio destas acuarelas explicando a historia de cada unha de elas, os barcos que representan e as experiencias do seu propio autor.

Xosé Iglesias, poeta, fotógrafo, pintor, mariñeiro... asegura que o libro ”é un pequeno berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia”. As súas fermosas evolucións ilustradas transmiten perfectamente a beleza deste fascinante universo, a simbiose entre os seus moradores e o valor dos coñecementos nados da experiencia, ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións.

A Tenda dos Libros, de Ponteceso, colaborará na distribución do mesmo, tanto na presentación como na mesma tenda.