Xulgan por estafa a dous empresarios e piden para eles catro anos de prisión

Justicia
Manuel Lavandeira
Audiencia Provincial da Coruña

Carballo. A sección segunda da Audiencia Provincial xulgará o xoves, día 21, a dous administradores dunha sociedade de promoción e construción inmobiliaria acusados de estafa, para quenes a Fiscalía pide catro anos de prisión para cada un. Os feitos sucederon en agosto de 2006, cando os investigados asinaron un contrato privado de compravenda dunha finca urbana, a cal non estaba inscrita no Rexistro da Propiedade, e da que desfrutaba o propietario con carácter privativo en virtude dunha herdanza dos seus avós maternos. Acordou o pago do total de 450.759 euros en tres prazos, pero os acusados só abonaron ao vendedor, un home de 70 anos e con escasa formación, o importe dos dous primeiros. Para facerse coa finca “urdiron unha maquinación enganosa” simulando que xa pagaran en metálico a cantidade adeudada. M. L.