Actos de recoñecemento a Neira Vilas na Estrada

Homenaxe
María Rendueles
Un momento da homenaxe a Neira Vilas no CEIP do Foxo de A Estrada. Foto: Sangiao

a estrada. Con motivo do seu cumpreanos, institucionalizado o 3 de novembro, centros de ensino da Estrada organizaron actos de recoñecemento ao célebre autor das Memorias dun neno labrego, Neira Vilas, que cumpriría 94 anos. Neste marco celebrouse no IES Manuel García Barros da Estrada, onde Neira Vilas estivera no 2010 convidado polo mestre Carlos Loureiro, que entón impartía Literatura Galega do Século XX e convidaba ao alumnado a facer historia entrevistando a autores vivos. Neira Vilas foi un deles. A oliveira que plantou aquel día foi onte identificada cunha placa que di: “Son unha oliveira de aldea. Plantoume o 5 de maio de 2010 X. Neira Vilas”. Despois, o CEIP do Foxo tamén recibiu a visita do presidente da Fundación Neira Vilas, onde o escritor tamén plantara unha gardenia, onde dá nome á biblioteca e onde onte se festexou o aniversario con poesía, música de Manoele de Felisa e solta de globos. maria rendueles